Calendario

lunes, 21 de mayo de 2012

San Xurxo en Ourense


O día 20 de abril de 2012, tres integrantes do kraal do Grupo Scout Tau marcharon cara a GRAN ACAMPADA DE SAN XURXO. 

¿Porqué San Xurxo? Porque San Xurxo é o patrón do Movemento Scout Católico e se celebra unha acampada onde asistimos todolos grupos de MSC de Galicia. Esta acampada é bianual  e  este ano organizouna o Grupo Scout Axouxere, que está na cidade de Ourense, que o ambientou espacialmente co tema da arqueoloxía.

Houbo unha pequena benvida, cuns xogos e unha oración antes de dormir.  O sábado as actividades foron divididas para as distintas pólas, que foron moi variadas  divertidas, rematando cun flashmob na Praza Maior de Ourense.

Para concluir esta fiesta houbo unha Eucaristía e un acto de peche, no cal se nos invita ao seguinte San Xurxo que organizara o Grupo Scout Aloia que está en Tui e tamén o Grupo Sout Axouxere obsequiou a tódos-los grupos cuns recordos da acampada que son: a pañola do grupo organizador, auga das burgas e unha pá cos colores da pañola do grupo que a recibía.
Recordos do San Xurxo 2012

Esperamos que para o seguinte San Xurxo a representación do Grupo Scout Tau sexa moito maior da que foi e vos animamos a todos a poder ir. Boa caza

0 comentarios: