Calendario

domingo, 17 de junio de 2012

Aviso importante

Recordamos a todos os pais que continuamos cos nosos encontros todos os sábados de 11:00 a 13:00 ata o sábado 23 de Xuño, xa que o fin de semana do 30 de Xuño ao 1 de Xullo será a acampada de fin de curso. Durante esta semana faremosvos chegar a todos a informacion detallada sobre o evento. Moitas gracias a todos.

Encontro das Pólas

Unha vez máis informamosvos do que estivemos a facer no fin de semana no noso Grupo Scout Tau.

Os Lobecos nos dedicamos a rematar os banderíns e a axudar no que necesitaran os Rangers, xa que eles tambén se dedicaron a facer os banderins. Ao remar os banderíns seleccionamos máis cargos nas nosas seisenas, coma o Secretario e o Subseisenero. Para finalizar o encontro Baloo enseñou a Ley da Manada y as 5 máximas da Manada con xestos, para divertirse e aprender ao mesmo tempo.


Os Rangers formaron a súa nova patrulla: Os cabalos. A patrulla portará banderín de cor vermello e o seu Piloto é Helena. Noraboa aos Rangers pola súa nova patrulla. Ademais, xunto cos Lobecos, comenzaron a confeccionar os banderíns que xa están casi listos.


Os Pioneiros seguen a organizar o día da acampada que teremos para finalizar este curso. Xa teñen listo o lugar, o día, a duración, o menú... Nesta semana os Pioneiros mandaran a información e as autorizacions aos pais, así que atentos todos ao correo electrónico.

Iso e todo amigos, boa semana a todos e boa caza.
lunes, 4 de junio de 2012

Avisos importantes


¿Que tal ides nenos? Xa só queda un pouco para rematar o curso escolar, pero os scouts aínda temos traballo que facer. O vindeiro Sábado 9 de Xuño volveremonos a xuntar os grupos para continuar o noso traballo. Ademais ese mismo Sábado pola tarde, ás 16:30, serán as primeiras comunions dunha parte dos nenos da nosa catequese. O Domingo é derradeiro día da catequese, e vos lembramos a todos que a catequese será ás 12:00, poss na misa das 13:00 tomará a comunión o resto do grupo de nenos da catequese. Xusto despois da celebración da Eucaristía vos invitamos a outra festa: a fiesta do fin da catequese. Pasaremos o día en comunidade celebrando o que somos: Unha comunidade viva, unida no amor de Deus.
Estades todos cordialmente invitados. Contamos con vos. Boa semana e boa caza.
sábado, 2 de junio de 2012

Día da Parroquia de Khanhiwara



¡¡¡Moi boas a todos e a todas!! Como xa moitos sabedes este pasado Sábado 26 de Maio foi o Día da Parroquia de Khanhiwara.

Os nosos nenos e máis nós, os seus responsables, reunimonos no Centro Juan XXIII para ir andando todos ountos ao Centro Juvenil Don Bosco. Como aínda non temos pañoletas fixemos unha pequena prenda distintiva para que os demáis grupos puideran identificarnos: puxemonos unha camiseta branca na cabeza.
       
            O noso distintivo para este día
De camiño ao Centro Juvenil Don Bosco 
Unha vez chegamos alí deixamos as cousas e nos reunimos todolos grupos para comezar o día. Lobecos, Rangers e Pioneiros reunironse  para que lles explicaran o xogo da mañá: un xogo,por equipos, de coller bandeiras. 

Cada equipo foi ao Parque San Domingos de Bonaval, onde fixemos o xogo. Alí cada un tiña a súa zona para poñer as bandeiras. O tempo non nos acompañou, pero os Scouts podemos con todo e non nos importó. Xogamos e nos divertimos moito.

Antes de comer tamén compartimos o pan na Eucaristía. Na Igrexa de San Pedro celebramos a Eucaristía xunto cos outros grupos Scouts da ADE de Santiago.

Na hora da comida tivemos un gran momento para crear fraternidade co resto de grupos e novos amigos.

Ao rematar de comer os Lobecos e os Rangers xuntaronse para facer un xogo polo barrio: Unha Mision Imposible Ecolóxica. Non era unha simple Misión Imposible, senón que como finalidade tiña a de concienciarnos a cada un de nós do importante que é a natureza e a nosa nai terra. Os Pioneiros  foron, guitarra en man, a un asilo de ancians a alegrarlles día cos seus cantos.




Ao volver os Pioneiros  encamiñamonos cara a Praza da Quintana para formar alí cunhas cartulinas e cos nosos propios corpos un enorme 25. ¿Porque un 25? Pois porque neste Día da Parroquia celebramos que Khanhiwara cumple 25 anos dende os primeiros khanhiwaneros. ¡¡¡Noraboa por todo este tempo Grupo Scout Khanhiwara!!!

Rematamos o encontro no Centro Juvenil Don Bosco cun acto de peche conmemorativo polos 25 anos de Khanhiwara onde falou un pai do grupo que foi participe da creación deste e contaronnos un breve conto de Khanhiwara.


Cabe destacar que este dia foi importante tamen porque o 22 de Maio chegaron a Santiago as reliquias de San Juan Bosco, fundador dos salesianos, e o 24 foi María Auxiliadora, co cal este Día da Parroquia significou moito para o Grupo Scout Khanhiwara.
Esperamos volver a vernos pronto. Moitas Gracias. Boa caza.