Calendario

lunes, 21 de mayo de 2012

2º Encontro das Pólas.


O pasado 5 de Maio tivemos o 2º encontro cos nosos nenos scouts. Ó ver que houbo algúns problemas co tema dos horarios e cos días de quedar enviamos correos electrónicos para cuadrar os horarios e que todos poidan asistir. Ademáis añadimos ó blog un Calendario. Iremos apuntando todo o que fagamos: os nosos encontros de patrullas, as nosas salidas a visitar outros grupos scouts, datas importantes…

Os Lobecos dividiron o encontro en 2 partes. Na primeira mitade fixeron un xogo de descuberta para aprender cómo funciona eso de ser Lobeco. Descubriron que é a Manada e que é unha Seisena. Tamén  se formaron xa 2 seisenas cos sus respectivos líderes: os Seiseneros. A outra mitade do encontro  usarona para decidir a cor do banderín para a súa seisena, pero non só elixiron a cor, sino que tamén comezaron a facer o banderín. ¡¡Noraboa pola creación das 2 seisenas!! ¡¡A seisena verde y a amarela!!

Os Ranger no se quedaron atrás, xa que eles tamén crearon a súa primera patrulla. Tamén decidiron a cor do seu banderín, aínda que no comezaron a facelo, xa que máis importante que eso é poñer o nome da patrulla. O nome debía ser o dun animal que aportara un valor á patrulla. O animal elixido foi o cuco, xa que , como anuncia a primaveira, aporta positividade ao grupo. ¡¡¡Noraboa á nova patrulla de Rangers!!!

A pesar de que no puideron vir os Pioneiros, non nos apenamos, xa que neste encontro uniusenos un Pioneiro novo. Os seus responsables ocuparonse de poñer ao día o noso novo amigo y despois ofreceronse para axudar aos Lobecos na tarefa de elaborar os banderines. Moitas gracias Pioneiros por axudar aos Lobecos.
Paco e Antonio axudaron a facer os banderines

Vos esperamos o próximo fin de semana. Boa caza

0 comentarios: