Calendario

lunes, 21 de mayo de 2012

Recordatorio

Moi boas a todos!!!!! Recordamos a todos os noso nenos que este Sábado 19 de Maio NON haberá reunión, xa que moitos de vos aproveitaredes a ponte para facer unha viaxe ou ver á familia. Tamén recordarvos que o 26 de Maio será o Día da Parroquia de Khanhiwara, tódolos que asistiremos encontraremonos en San Francisco ás 10:15 para ir andando ao Centro Juvenil Don Bosco. Pedimos aos pais dos nenos que van a asistir ao día da Parroquia que nos faciliten as autorizacions canto antes.. Como data limite para entregala poñeremos o domingo 20, que moitos nos veremos en San Francisco. Moitas gracias a todos!!!! Boa caza

2º Encontro das Pólas.


O pasado 5 de Maio tivemos o 2º encontro cos nosos nenos scouts. Ó ver que houbo algúns problemas co tema dos horarios e cos días de quedar enviamos correos electrónicos para cuadrar os horarios e que todos poidan asistir. Ademáis añadimos ó blog un Calendario. Iremos apuntando todo o que fagamos: os nosos encontros de patrullas, as nosas salidas a visitar outros grupos scouts, datas importantes…

Os Lobecos dividiron o encontro en 2 partes. Na primeira mitade fixeron un xogo de descuberta para aprender cómo funciona eso de ser Lobeco. Descubriron que é a Manada e que é unha Seisena. Tamén  se formaron xa 2 seisenas cos sus respectivos líderes: os Seiseneros. A outra mitade do encontro  usarona para decidir a cor do banderín para a súa seisena, pero non só elixiron a cor, sino que tamén comezaron a facer o banderín. ¡¡Noraboa pola creación das 2 seisenas!! ¡¡A seisena verde y a amarela!!

Os Ranger no se quedaron atrás, xa que eles tamén crearon a súa primera patrulla. Tamén decidiron a cor do seu banderín, aínda que no comezaron a facelo, xa que máis importante que eso é poñer o nome da patrulla. O nome debía ser o dun animal que aportara un valor á patrulla. O animal elixido foi o cuco, xa que , como anuncia a primaveira, aporta positividade ao grupo. ¡¡¡Noraboa á nova patrulla de Rangers!!!

A pesar de que no puideron vir os Pioneiros, non nos apenamos, xa que neste encontro uniusenos un Pioneiro novo. Os seus responsables ocuparonse de poñer ao día o noso novo amigo y despois ofreceronse para axudar aos Lobecos na tarefa de elaborar os banderines. Moitas gracias Pioneiros por axudar aos Lobecos.
Paco e Antonio axudaron a facer os banderines

Vos esperamos o próximo fin de semana. Boa caza

1º Encontro das Pólas


O sábado 28 de Abril comezou o traballo regular do Grupo Scout Tau.
Comezamos cunha benvida común de tódalas pólas e os seus responsables: Lobecos, Rangers e Pioneiros. Acto seguido "cada mochuelo a su olivo" como reza o refrán popular, xa que os encontros periódicos se realizan por pólas.


Os Lobecos dedicaron a maña a ver a película de Disney "El libro de la Selva", unha película basada no libro homónimo de Rudyard Kipling, xa que este libro aporta o marco simbólico empregado nesta póla.

O encontro de Rangers  dividiuse nun xogo tipo trivial e un rastreo, como primera parte, que máis tarde serviron para unha explicación dinámica sobre como funciona a Unidade e como se organizan os scouts.

A póla de Pioneiros avanzou moito neste primeiro encontro, xa que formaron a unidade de vida en pequeno grupo, chamada Equipo, e comezaron a preparar as actividades do trimestre.
Cabe destacar a participación de Lorena como responsable de Pioneiros. Ela é un membro da Asociación Diocesana de Escutismo (ADE) que se encarga de acompañar o crecemento do Grupo Scout Tau, xa que aínda somos un grupo scout en formación.

Para concluir a xornada volvimonos a reunir todo o grupo para cantar o "Onda ti", unha canción de despedida utilizada polos scouts. Gracias a Lorena por ensinanosla

A vindeira semana esperamos volver a vernos coa mesma ilusión e ánimos. Boa caza y longas lúas.

San Xurxo en Ourense


O día 20 de abril de 2012, tres integrantes do kraal do Grupo Scout Tau marcharon cara a GRAN ACAMPADA DE SAN XURXO. 

¿Porqué San Xurxo? Porque San Xurxo é o patrón do Movemento Scout Católico e se celebra unha acampada onde asistimos todolos grupos de MSC de Galicia. Esta acampada é bianual  e  este ano organizouna o Grupo Scout Axouxere, que está na cidade de Ourense, que o ambientou espacialmente co tema da arqueoloxía.

Houbo unha pequena benvida, cuns xogos e unha oración antes de dormir.  O sábado as actividades foron divididas para as distintas pólas, que foron moi variadas  divertidas, rematando cun flashmob na Praza Maior de Ourense.

Para concluir esta fiesta houbo unha Eucaristía e un acto de peche, no cal se nos invita ao seguinte San Xurxo que organizara o Grupo Scout Aloia que está en Tui e tamén o Grupo Sout Axouxere obsequiou a tódos-los grupos cuns recordos da acampada que son: a pañola do grupo organizador, auga das burgas e unha pá cos colores da pañola do grupo que a recibía.
Recordos do San Xurxo 2012

Esperamos que para o seguinte San Xurxo a representación do Grupo Scout Tau sexa moito maior da que foi e vos animamos a todos a poder ir. Boa caza

1ª Actividade do Grupo Scout Tau


O día 15 de Abril, domingo, tuvo lugar a primera actividade do Grupo Scout Tau.


Comezamos ás 12:00hs na Iglesia Conventual de San Francisco, cunha eucaristía a cargo do Conciliario, Miguel de la Mata, y dos Membros do Kraal.


Despois tivemos un espazo para compartir con todos os nenos, nenas e xóvenes que quixeron unirsenos.


Empezamos cunha representación de marionetas, para explicarlles a todos as premisas fundamentales do movemento Scout e a forma de traballar.


Xusto despois fixemos varios xogos de presentación e, unha vez rematados,  dispusimonos a compartir unha comida fraterna.


Pola tarde, a iso das 16hs, unironsenos novos membros, e todos xuntos emprendimos unha búsqueda por todo Santiago para atopar las pezas fundamentales, os valores que queremos aprender e transmitir, do Grupo Scout Tau.


Acabamos ás 19:00hs cunha breve oración, recordándolles que a próxima data para quedar sería o Sábado 28 de Abril.


Así comeza a aventura do Grupo Scout Tau, esperamos seguir por moitos anos máis.


Gracias a todos e...Boa Caza e Longas Lúas!
jueves, 17 de mayo de 2012

Outros Cargos

Ademáis do Consiliario, o Kraal ten asignados outros cargos para os seus membros.

O Kraal tamén traballa como grupo pequeno, que se coida e que vive as máximas do Escutismo, a súa Ley e a súa promesa.

Como aínda somos un grupo novo, algúns cargos non están repartidos e os iremos actualizando.

Os cargos do Kraal son:


Francisco RaigónResponsable do Grupo Scout Tau. É o que se encarga de liderar ó grupo, o principal portavoz e o que coordina o traballo do Kraal.




Sara Cordeiro: Secretaria do Grupo Scout Tau. Encárgase de recoller formalmente o traballo do Kraal e de emitir os comunicados pertinentes.



Luciano Peralta: É o Tesoureiro do Grupo Scout Tau. Encargase do aspecto económico do grupo.










Damián Peralta: É o encargado do blog e da páxina de facebook do Grupo Scout Tau.Grupo Scout Tau.

Que Facemos


O Grupo Scout Tau, ao igual que todo grupo Scout, quere ser un espacio para xóvenes, para nenos e nenas, que xogan xuntos e o pasan ben.


Somos un espazo educativo no que pretendemos que os nenos e nenas, rapaces e rapazas, aprendan os valores da Ley Scout e fagan un compromiso con esta Ley, a través da promesa Scout.


Pero o faremos a través do xogo. A través da acción os Scouts van ir debuxando e creando o seu propio desenvolvemento educativo. 


Queremos que os Scouts sexan os protagonistas do seu propio progreso e crecemento, e por iso axudámoslles a tomar responsabilidades e facer compromiso no persoal, no social e no seu propio camiño de Fe.


Co noso escudo queremos, ademáis, concretar que a nosa espiritualidade é Franciscana, e facer especial fincapé na austeridade, na sencillez e no amor á natureza.




O Grupo Scout Tau quere ser espacio de convivencia para todos os que queran vivir esta experiencia de xogo, de vivir na natureza, de ser todos irmáns e de Seguir a Cristo.


Contamos coa axuda do Método Scout que se ven actualizando e mellorando dende fai un século, coa axudo do Kraal, dos pais e nais, do Consiliario...e especialmente coa axuda dos rapaces e rapazas que libremente queren vivir esta Aventura do Escutismo.

Rovers


Tamén chamados Rotas, son o último grupo de idade.


Nesta Pola están os xóvenes de 1º e 2º de Bacherelato.


Aínda non temos a ninguén nesta Pola, pero agardamos que pronto se unan a nós rapaces es rapazas destas idades para poder abrir esta Pola.

Pioneiros



Os Pioneiros son o grupo que ven despóis dos Rangers.

Son xóvenes de 3º e 4º da ESO.

A súa vida de pequeno grupo faise en "Equipos"

Os responsables desta pola son:


Paco: É o irmán maior do Kraal. Paco é listo e sinceiro, moi bo amigo e garda un profundo respeito por cada un dos rapaces e rapazas do Grupo Scout Tau.





Sara: Naceu en Portugal, onde foi Scout durante moitos anos. Ela coñece ben o Escutismo e está sempre disposta a botar unha man para quen a necesite.






Luciano: Sempre disposto ao que sexa, aportando paciencia e tranquilidade ou unha visión xuvenil e dinámica cando é preciso

Rangers

A pola que ven despóis dos Lobecos é a dos Rangers.

Nela participan os rapaces e rapazas dende 6º de primaria até 2º de ESO. Estes son os primeiros Scouts, porque os Lobecos aínda non son verdadeiros Scouts.

O seu traballo en pequeno grupo faise nas "Patrullas".

Os tres principios Rangers son:
-Somos Dignos de Confianza
-Somos irmáns de todos
-Cristo é o noso amigo.

E o lema dos Rangers é: Sempre dispostos

Os responsables desta pola son:


Ramiro: Sempre coa súa guitarra, listo para cantar. 





Constanza: Xuvenil e alegre, sempre ahí para o que necesites.





Consiliario


¿Qué é un consiliario?


O consiliario, ante todo, é unha persoa. Unha persoa boa, que forma parte do Kraal.


No caso do Grupo Scout Tau esa persoa é: Miguel de la Mata Merayo. Un frade Franciscano, quen sempre gustou do tempo de lecer e que coordina dende fai anos a catequese de San Francisco.





Pero, o máis importante, é que o consiliario representa a Cristo, que é a "cabeza" do grupo Scout. 


¿Cómo o fai? Proclamando a Palabra de Deus, nas Eucaristías, administrando os sacramentos e axudando ao grupo a sentirse Igrexa.



O Consiliario axúdanos a orientar as nosas vidas cara o seguemento de Cristo!!





Pero todo isto, que soa tan serio...non significa que o Consiliario non nos quera, ou que sexa distante...Todo o contrario!!!


Miguel preocúpase por cada un dos Scouts, e por todos os responsables do Kraal. Ademáis, para os que o coñecedes ben...é unha persoa aberta en sinceira que lle gustan as actividades de tempo de lecer, a natureza e que non dubida nin un segundo en facer trastadas xunto aos máis xóvenes.






Convento de San Francisco

A nosa casa, a de todo o Grupo Scout Tau, é a Igrexa Conventual de San Francisco (OFM) que é unha das grandes Igrexas de Santiago de Compostela.





Ubicada no casco histórico da Cidade, é un dos lugares máis recoñecibles da cidade. Ten un precioso Monumento, obra do escultor galego Asorey, con varios motivos da vida de Francisco.


A súa igrexa é o noso lugar de culto, onde a maioría de Scouts acuden para a catequese (ás 11:00am polo Centro Juan XXIII) e para a Eucaristía do Domingo ás 12:00pm. 




Alí, atopámonos con Cristo, que é ó noso amigo, con Francisco, gran exemplo de vida de servicio e compromiso, e cos Frades Franciscanos que acompáñan-nos en todas as nosas actividades.

Centro Juan XXIII

O Grupo Scout Tau fai as súas actividades no Centro Socio-Cultural Juan XXIII, que é levado polos frades Franciscanos (OFM) de Santiago de Compostela.




A súa entrada está na Rúa dos Castiñeiros, na costa ao lado da Igrexa Conventual de San Francisco.






Nas instalación do Centro temos os recúnchos de patrulla de cada un dos pequenos grupos que conforman as unidades das Ramas. Tamén temos unha sala para as festas, unha sala para proxeccións e una pista para xogar ao fútbol e facer outros xogos...e unha enorme horta onde podemos estar en contacto coa natureza.




Na entrada do centro, que os domingos tamén acolle á catequese de San Francisco, recíbenos a imaxe do Santiño das Pombas (San Francisco de Asís), pai da Orde Franciscana e patrón dos Lobecos. No Grupo Scout Tau Francisco, a súa humildade, sencillez e amor pola natureza están sempre presentes na nosa actividade.

Lobecos


O grupo de nenos e nenas máis pequenos é o dos Lobecos.

Este grupo ten un marco simbólico baseado no Libro Da Selva de Rudyard Kipling, por iso os responsables desta pola...teñen uns nomes especiais!!!





 Akela: É o gran lobo gris, xefe da Manada. A súa autoridade non nace da tiranía, ou unicamente da forza, senón que é aceptado pola gran experiencia ea imparcialidade dos seus xuizos. É o lider natural de toda a Manada, e a súa actitude é de servicio cara aos demáis.






Baloo: Será o mestre que lle ensine a Mowgli as leis da Selva. Ante todo, o seu valor principal é a amistade, pero non deixa que esta se interpoña diante do que él considera o se deber. É alegre e góstalle xogar, pero esto non lle impide darlle unha poutada a Mowgli cando este non fai o que debe.


Bagheera: Canda Baloo, o oso pardo, serán os principais amigos de Mowgli. Bagheera é unha pantera negra con moitos rasgos de independencia, que xungue á súa forza e axilidade unha grande astucia. Só actúa cando o cree imprescindible, pero sempre está xunto a Mowgli vixiando para que nada malo lle ocorra.








Hathi: O elefante salvaxe que non se deixa levar polas presas. Nunca fai nada até que chega o momento, e este é o segredo da súa longa vida. Ademáis, xungue a esto unha gran sabedoría, o que lle val ser consultado por todos en caso de conflicto. É a memoria histórica da selva.





Quen Pode Ser Scout



Se es un rapaz ou rapaza que quera vivir unha aventura diferente, xogando, aprendendo, na natureza, rodead@ de amig@s...


Entón ti podes formar parte do noso Grupo Scout!!!


Agardámoste!!!

O Kraal

Estes son os responsables do Grupo Scout Tau.




Todos eles forman o Kraal, o grupo de responsables que acompañan aos rapaces que forman parte do grupo.

Eles son:


Miguel de la Mata Merayo (Frade Franciscano, responsable da catequesis e consiliario do Grupo Scout Tau)
Francisco "Paco" Raigón Jiménez (Responsable do Grupo Scout Tau e Responsable de Pioneiros)
Ana Sara Cordeiro  (Secretaria do Grupo Scout Tau e Responsable de Pioneiros)
Luciano D. Peralta Torres (Tesoureiro do Grupo Scout Tau e Responsable de Pioneiros)
Ramiro J. Peralta Torres (Responsable de Rangers)
Constanza L. Peralta Torres (Responsable de Rangers)
Judith Nafela Undembe (Akela) (Responsable de Lobecos)
Damián C. Peralta Torres (Baloo) (Encargado do blog e Responsable de Lobecos)
Raquel Gómez Domínguez (Bagheera) (Responsable de Lobecos)
Amparo Romero (Hathi) (Responsable de Lobecos)