Calendario

domingo, 3 de febrero de 2013

Encontro das polas (Xaneiro)


Xa voltamos de vacacions e estivemos xuntos 2 semanas. ¿Que fixemos? Pois cada grupo retomou as súas actividades.

Os Lobecos comezamos xa outra parte do noso mural. Estamos aprendendo o xogo institucional da nosa pola: o que é a Manada, os cargos etc... ¡A ver que tal o pintamos todo!

Os Rangers continúan na súa misión de aprender a Lei Scout. Cada unha das frases da Lei van identificala cunha cor diferente. Xa nos explicarán a Lei, as colores e o seu significado.

O Pioneiros tiveron un encontro especial cun xogo por Santiago. Estivieron coñecendo a parte máis importante da nosa cidade e aprendendo a ser bos scouts. No xogo debían orientarse na cidade e tamén estar atentos a cualquera persoa que puidera necesitar axuda.

Debemos tamén destacar o primeiro encontro deste ano. Fixemos un gran xogo con distintas probas que xiraban entorno ás Promesas que faremos este ano. Ao final recibimos un diploma que nos acredita para facer as promesas.


A próxima semana continuaremos os nosos encontros, e lembrade que o domingo hai festa en San Francisco. Boa semana a todos e boa caza.