Calendario

viernes, 16 de noviembre de 2012

¡Magosto de inicio do curso!

¡Por fin comezamos as nosas actividades deste curso! O 10 de novembro fixemos o noso magosto Tau para comezar con forzas e volver a vernos as caras todos outra vez.



Durante toda a tarde foise unindo xente ao noso encontro e nos divertimos con grandes xogos y bailes que os responsables prepararon para este día. 



Hai quen diría que non e xusto... está claro
que Paco non ten oportunidade contra María.  

























Pero aínda que non todo foi xogar, todo foi diversión, xa que unha parte do encontro dedicamolo a presentar a pais e nen@s 4 grandes cuestions.
1- ¿Onde nos metimos? Pois metimonos no Movimiento Scout Católico, e dentro deste en Scouts de Galicia. Por iso mismo non empezamos antes, xa que estivemos participando en asambleas e formación necesaria para todos os responsables de scouts.
2-¿E este curso que? Este curso faremos moitas máis actividades, todos estamos a punto para que este ano sexa unha auténtica aventura.



3- ¿Onde me entero de todo? Como medios para informar a todos do que facemos e moitas outras cousas temos unha páxina de Facebook e por suposto o noso Blog.
4-¿E eu que fago? A nosa misión é a de dar a coñecer o noso grupo a todos os que queiran participar, sexan nen@s ou maiores, xa que os maiores tamén teñen traballo no comité de pais. Nós temos que divertirnos e vivir a aventura, compartila cos demáis e seguir crecendo pouco a pouco no noso camiño como persoas.

E por fin ao final chegou o momento de compartir as castañas e la comida que cada un trouxo para compartir.

Moitas gracias a todos por vir, contamos con todos vós para a próxima. Boa semana e boa caza.
martes, 6 de noviembre de 2012

¡Comezamos!


¡Hola amigos!

Como sabedes, dende Abril deste ano, está a funcionar na nosa comunidade franciscana, o Grupo Scout Tau, que pretende, a través do método scout, presentar un complemento á formación humana, social e espiritual dos nen@s que queiran aceptar este desafío.

Por iso, contando con todos os que xa se uniron o ano pasado e cos que quieran unirse neste novo ano, comezaremos cun magosto o vindeiro sábado día 10 de novembro, ás 17h, no Centro Juan XXIII. 

Gustaríanos moito contar con todos vos, pais, nais e nin@s, para poder compartir unhas boas castañas, unha merenda e alguns xogos divertidos – á boa maneira scout!

O Magosto comezará este sábado ás 17h, e vos pedimos que na medida do posible trouxerades algo para compartir a merenda, algún que outr@ amig@ que estea indeciso e, sobretodo moitas ganas de pasalo ben e de comezar o camiño deste curso.

  ¡Esperámosvos!

Un saúdo coa man esquerda. Boa caza.
viernes, 2 de noviembre de 2012

Calentando motores

¡¡¡Moi boas a tod@s!!! ¿Que tal o verán? ¿Que tal o comezo deste curso? 
Fai xa moito que non nos vemos, e iso non pode seguir así. Todos temos ganas de dar comezo as nosas actividades, ¿verdade que sí?
Durante estos 2 últimos meses a totalidade do noso Kraal foi á formación Scout. Aprendimos metodoloxía, planificación, xogos, música... todo o necesario para facer desta aventura algo inesquecible e duradeiro.
Finalmente rematamos a formación, pero aínda temos que organizar o noso ano: actividades, campamentos, pañolas, promesas, etc. Por iso esta fin de semana dedicaremonos á planificación do noso curso, así que vos pedimos unha pouco máis de paciencia. 
¡Xa comeza a conta atrás nen@s! ¡Axiña reanudaremos a aventura! Pero como sabemos que hai moitos impacientes por ahí, reservamos para este momento a CRÓNICA DO CAMPAMENTO DE VERÁN, así podedes revivir grandes momentos e vos poñedes a punto para o curso que en breves estrearemos.

CRÓNICA DO CAMPAMENTO DE VERÁN

Este verán do 2012 tivo lugar entre o 30 de xuño e o 1 de xullo o noso primeiro CAMPAMENTO DE VERÁN. Dado a disponibilidade, tanto do kraal como dos nosos nen@s, só a fixemos dunha noite, pero no vos preocupedes que para as próximas serán moitas máis.

O campamento, realmente, da inicio moito antes destas datas, xa que durante os nosos encontros o campamento foi organizado polos nosos Pioneiros e o Kraal.
Estos son os Pioneiros que puideron asistir, pero faltan uns cantos que deixaron o seu traballo feito.
O día 30 á maña encontramonos todos na Estación de Autobuses de Santiago, xa que o campamento tivo lugar no Convento Franciscano de Herbón. Decidimos entonces viaxar en autobus ata Padrón e logo facer un pouco de exercicio camiñando ata o convento.




Pasamolo ben cantando durante o camiño, pero sempre alertas aos perigros da carreteira.







Chegados a Herbón repartimonos as tarefas de limpeza das zonas que íamos utilizar: Os Lobecos foron a limpar os baños, os Rangers limparon o salón e a cociña, e os Pioneiros montaron as tendas onde pasaríamos a noite.

Os pais e nais se preguntaran: Con tantos nen@s, ¿Quen vai a cociñar? Pois o noso atento grupo de Pioneiros e os seus responsables foron os nosos Chefs durante estos días, e realmente o fixeron moi ben.
Despois de cada comida cada un fregaba o su plato e os seus cubertos, así gañabamos tempo para máis aventuras.


Pero non creades que todo era traballar. Fixemos moitos xogos ao longo da fin de semana: partido de futbol entre responsables y niñ@s, un quiz feito polos Pioneiros para descubrir máis sobre o escutismo, unha partida de furor entre as distintas pólas e pola noite o xogo do silbato no monte do Convento.

              


Disfrutamos cada un dos xogos realizados e tiñamos ganas de máis, pero o tiempo non alcanzaba para todo e necesitabamos descansar, fomos cara as tendas de campaña e fixose o silencio en todo o convento.

Ao día seguinte dimos gracias a Deus por este campamento e todo o vivido cunha misa ao aire libre co noso consiliario e os pais e nais do Grupo Scout Tau. Ao finalizar a misa cada un foi á súa casa e dende aquelas non huobo máis actividades do grupo.



Dade gracias por todo o recibido chic@s e no vos preocupedes, axiña volveremos a estar xuntos para continuar a nosa aventura.

Bos días e boa caza.