Calendario

sábado, 12 de enero de 2013

Noticias de interese


¡¡Moi boas a todos nenos!! Xa temos noticias sobre este trimestre. Tivemos unha reunión de Kraal na que se decidieon moitas cousas que vos interesan a todos.

1º: O horario de encontros cos nenos volverá a ser os sábados pola mañá. De 11:00 a 13:00 todos os sábados coa excepción de días nos que indiquemos que non hai reunión. Tamén indicaremos as reunións nos calendario do blog.

2º: Retomamos o curso o sábado 19 de Xaneiro.

3º: Convocamos unha reunión de pais dos nenos scouts para informar de diversos aspectos sobre o grupo. A reunión terá lugar o domingo 27 de Xaneiro no horario da catequesis: de 11:00 a 12:00. Enviaremosvos unha invitación formal vía e-mail e tamén entregaremos unha carta aos niños o 13 de Xaneiro na catequesis.

Vemonos a semana que ven nenos.

Scouts sempre listos. Boa caza.
viernes, 11 de enero de 2013

Aviso Importante

¿Que tal todo nenos? Ante todo vos felicitamos a todos este novo ano que comezamos cheos de ilusión e con ganas de que sigades acompañandonos no grupo. Mañana NON haberá encontro cos nenos, xa que necesitamos organizar un pouco este trimestre para que sexa o mellor posible. Trataremos varios temas urxentes e daremos alguns avisos, así que estade atentos ao blog e á páxina de Facebook. Intentaremos que tamén chegue todo por correo. ¡Estade pendentes de nós! Boa semana y Boa caza.

Primeiro trimestre alborotado

Pasou volando un trimestre enteiro de actividades. Foi rápido, ¿verdade?. Alguns non tiveron tempo de achergarse e outros de facer as cousas con calma do rápido que se pasou. 

Os Lobecos comezaron a facer un gran mural con todo o que hai que saber para ser un Lobeco.








Os Rangers tamén seguen aprendendo os valores necesarios para chegar a ser bos scouts, incluso viron unha película sobre o que significa ser un grupo: "Los Goonies"

Como sempre os maiores, os Pioneiros, dedicaronse a importantes temas sobre a organización da súa unidade e os cargos que debe ter a patrulla.
El coordinador de la patrulla de Pioneros es Carlos

Esperamos que o seguinte trimestre sexa máis largo e que pouco a pouco veña máis xente. Vemonos pronto.
Boa caza