Calendario

lunes, 21 de mayo de 2012

1º Encontro das Pólas


O sábado 28 de Abril comezou o traballo regular do Grupo Scout Tau.
Comezamos cunha benvida común de tódalas pólas e os seus responsables: Lobecos, Rangers e Pioneiros. Acto seguido "cada mochuelo a su olivo" como reza o refrán popular, xa que os encontros periódicos se realizan por pólas.


Os Lobecos dedicaron a maña a ver a película de Disney "El libro de la Selva", unha película basada no libro homónimo de Rudyard Kipling, xa que este libro aporta o marco simbólico empregado nesta póla.

O encontro de Rangers  dividiuse nun xogo tipo trivial e un rastreo, como primera parte, que máis tarde serviron para unha explicación dinámica sobre como funciona a Unidade e como se organizan os scouts.

A póla de Pioneiros avanzou moito neste primeiro encontro, xa que formaron a unidade de vida en pequeno grupo, chamada Equipo, e comezaron a preparar as actividades do trimestre.
Cabe destacar a participación de Lorena como responsable de Pioneiros. Ela é un membro da Asociación Diocesana de Escutismo (ADE) que se encarga de acompañar o crecemento do Grupo Scout Tau, xa que aínda somos un grupo scout en formación.

Para concluir a xornada volvimonos a reunir todo o grupo para cantar o "Onda ti", unha canción de despedida utilizada polos scouts. Gracias a Lorena por ensinanosla

A vindeira semana esperamos volver a vernos coa mesma ilusión e ánimos. Boa caza y longas lúas.

0 comentarios: