Calendario

martes, 6 de noviembre de 2012

¡Comezamos!


¡Hola amigos!

Como sabedes, dende Abril deste ano, está a funcionar na nosa comunidade franciscana, o Grupo Scout Tau, que pretende, a través do método scout, presentar un complemento á formación humana, social e espiritual dos nen@s que queiran aceptar este desafío.

Por iso, contando con todos os que xa se uniron o ano pasado e cos que quieran unirse neste novo ano, comezaremos cun magosto o vindeiro sábado día 10 de novembro, ás 17h, no Centro Juan XXIII. 

Gustaríanos moito contar con todos vos, pais, nais e nin@s, para poder compartir unhas boas castañas, unha merenda e alguns xogos divertidos – á boa maneira scout!

O Magosto comezará este sábado ás 17h, e vos pedimos que na medida do posible trouxerades algo para compartir a merenda, algún que outr@ amig@ que estea indeciso e, sobretodo moitas ganas de pasalo ben e de comezar o camiño deste curso.

  ¡Esperámosvos!

Un saúdo coa man esquerda. Boa caza.

0 comentarios: