Calendario

viernes, 2 de noviembre de 2012

Calentando motores

¡¡¡Moi boas a tod@s!!! ¿Que tal o verán? ¿Que tal o comezo deste curso? 
Fai xa moito que non nos vemos, e iso non pode seguir así. Todos temos ganas de dar comezo as nosas actividades, ¿verdade que sí?
Durante estos 2 últimos meses a totalidade do noso Kraal foi á formación Scout. Aprendimos metodoloxía, planificación, xogos, música... todo o necesario para facer desta aventura algo inesquecible e duradeiro.
Finalmente rematamos a formación, pero aínda temos que organizar o noso ano: actividades, campamentos, pañolas, promesas, etc. Por iso esta fin de semana dedicaremonos á planificación do noso curso, así que vos pedimos unha pouco máis de paciencia. 
¡Xa comeza a conta atrás nen@s! ¡Axiña reanudaremos a aventura! Pero como sabemos que hai moitos impacientes por ahí, reservamos para este momento a CRÓNICA DO CAMPAMENTO DE VERÁN, así podedes revivir grandes momentos e vos poñedes a punto para o curso que en breves estrearemos.

CRÓNICA DO CAMPAMENTO DE VERÁN

Este verán do 2012 tivo lugar entre o 30 de xuño e o 1 de xullo o noso primeiro CAMPAMENTO DE VERÁN. Dado a disponibilidade, tanto do kraal como dos nosos nen@s, só a fixemos dunha noite, pero no vos preocupedes que para as próximas serán moitas máis.

O campamento, realmente, da inicio moito antes destas datas, xa que durante os nosos encontros o campamento foi organizado polos nosos Pioneiros e o Kraal.
Estos son os Pioneiros que puideron asistir, pero faltan uns cantos que deixaron o seu traballo feito.
O día 30 á maña encontramonos todos na Estación de Autobuses de Santiago, xa que o campamento tivo lugar no Convento Franciscano de Herbón. Decidimos entonces viaxar en autobus ata Padrón e logo facer un pouco de exercicio camiñando ata o convento.




Pasamolo ben cantando durante o camiño, pero sempre alertas aos perigros da carreteira.







Chegados a Herbón repartimonos as tarefas de limpeza das zonas que íamos utilizar: Os Lobecos foron a limpar os baños, os Rangers limparon o salón e a cociña, e os Pioneiros montaron as tendas onde pasaríamos a noite.

Os pais e nais se preguntaran: Con tantos nen@s, ¿Quen vai a cociñar? Pois o noso atento grupo de Pioneiros e os seus responsables foron os nosos Chefs durante estos días, e realmente o fixeron moi ben.
Despois de cada comida cada un fregaba o su plato e os seus cubertos, así gañabamos tempo para máis aventuras.


Pero non creades que todo era traballar. Fixemos moitos xogos ao longo da fin de semana: partido de futbol entre responsables y niñ@s, un quiz feito polos Pioneiros para descubrir máis sobre o escutismo, unha partida de furor entre as distintas pólas e pola noite o xogo do silbato no monte do Convento.

              


Disfrutamos cada un dos xogos realizados e tiñamos ganas de máis, pero o tiempo non alcanzaba para todo e necesitabamos descansar, fomos cara as tendas de campaña e fixose o silencio en todo o convento.

Ao día seguinte dimos gracias a Deus por este campamento e todo o vivido cunha misa ao aire libre co noso consiliario e os pais e nais do Grupo Scout Tau. Ao finalizar a misa cada un foi á súa casa e dende aquelas non huobo máis actividades do grupo.



Dade gracias por todo o recibido chic@s e no vos preocupedes, axiña volveremos a estar xuntos para continuar a nosa aventura.

Bos días e boa caza.

0 comentarios: